LÚCETE LECER volve a Vilamarín!!!

Unha vez máis, retomamos a organización dun Campo de Traballo para a Campaña de Verán. Esta vez, de carácter medioambiental, dentro da Acción de Verán 16, da Dirección Xeral de Xuventude, participación e voluntariado.

 

Do 12 ao 24 de Xullo, Vilamarín acolle esta actividade, onde por un lado, faranse Actividades medioambientais de recuperación de camiños e espazos naturais do concello para a realización de andainas, rutas e sendeirismo: limpeza de camiños, arranxo de zonas verdes e de paso, reconstrución de zonas antigas e de valor patrimonial. Sinalización adecuada, correcta e moderna das vías da ruta e espazos singulares, ruta do río Barbantiño, ruta dos Fornos, ruta dos Castros e ruta da Martiñá.

 

Apuntádevos!!!

 

CONTACTOS

Concello de Vilamarín. Tfno.: 988 286 000 concello.vilamarin@eidolocal.es

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Tfno.: 981 544 838 e 981 957 115